viernes, 11 de marzo de 2016

Pequeno Paraíso Francés

- Acórdaste ? Aquel sí que era un lugar fermoso, quizais foi o que máis me gustou de toda a viaxe,
A súa cidade pola noite, completamente alumeada, coa imaxe dos seus altos edificios reflectidos nas claras augas das súas costas,

Vas moi ben. Pero engado unhas indicacións.

Tes que incluir imaxes e citar o enlace de onde tomas a imaxe (que seguro ten dereitos de autor) se buscas imaxes creative commons (neste enlace poderás ver páxinas onde atopar este tipo de imaxes, tamén en wikicommons) as podes empregar sen problema citando o autor e creando un enlace á súa páxina.

Corrixe os erros sinalados en negrita.


Tes que incluir descrición dos lugares que mencionas. Evidentemente non os coñecemos pero os podes ver a través de imaxes de internet. Menciona nomes de lugares concretos pois isto fai a túa historia máis real. 


Cando describes os lugares podes incluir comparacións. Tamén podes facer referencia ó que lles pasa pola cabeza ós personaxes cando os contemplan: en que lles fan pensar, que senten...

Lembra que ten que sucederlle algo ós personaxes (a historia pode continuar en outra entrada non tes por que porlle xa un final), trata de crear intriga co que suceda. teñen que aparecer personaxes da clase e da novela (con algo de descrición da súa apariencia física) para que os poidamos imaxinar. Tamén poderías relacionar a historia que ti crees coas que están creando os teus compañeiros.


Polo demais, vas moi ben. Esta corrección a podes borrar cando teñas claro todo o que tes que modificar e remates de facelo. Se tes dúbidas, pregunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario